Dende o Concello de Ponteceso, por segundo ano consecutivo no mes de abril, organizamos unha serie de actividades culturais e lúdicas en torno a lectura e aos libros. Contaremos con animadores culturais, xornadas de animación á lectura e a actividade CicloBiblioteca, que paseará por todos os centros escolares. Dende o Concello Ponteceso apostamos pola lectura como unha ferramenta de coñecemento e fortaleza cultural para os nosos veciños e veciñas. O libro non distingue aos nenos que viven no rural dos que viven nas cidades, non mira para o patrimonio das persoas, non busca amigos de comenencia. O libro é de todos e de cada un, é universal. Vaia dende Ponteceso unha pequena homenaxe.
http://www.ponteceso.net/ga/upload/not/246-d-mesdolibro.pdf
viernes, 24 de abril de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario