Temos festivais como a:
Noite dos Encantos na Furna do Osmo que é un festival musical que se celebra na parroquia de Corme-Porto.
Temos festivais como a:
Noite dos Encantos na Furna do Osmo que é un festival musical que se celebra na parroquia de Corme-Porto.
Temos festas literarias e culturais, como a Festa das Letras, organizada pola A.C Monte Branco do Couto.
Por suposto non debemos esquencer as festas relixiosas, posto que son as máis numerosas e en todas as parroquias, podemos atopar a súa.
Festa da Barquiña: Festa patronal do Concello. Celébrase a segunda semana de Setembro na capital municipal.
Festa da Pilarica: Celébrase na Trabe, parroquia de Tella, o 12 de Outubro.
Festa das Flores: Celébrase o último fin de semana de Maio na parroquia de Pazos.
Festa de San Adrián: Na parroquia de Corme-Aldea.
Festa de San Andrés: Celébrase o 30 de Novembro na parroquia de Tallo.
Festa de San Eleuterio: Celébrase na parroquia de Tella o 26 de Maio.
Festa de San Roque: Celébrase o 16 de Agosto, na parroquia de Anllóns. En Corme comeza o último Sábado do mes de Agosto.
Festa de San Tirso: Celébrase na parroquia de Cospindo o 28 de Xaneiro.
Festa de San Xoán: Celébrase nas parroquias de Niñóns e Xornes o 24 de Xuño.
Festa do Carmen:Celébrase en Corme-Porto o 16 de Xullo. Hai misa, procesión marítima, bailes rexionais e música. En Corme-Aldea celébrase o Domingo anterior ó 16 de Xullo. Na parroquia de Cores celébrase o 15 de Agosto.
Festa de Corpus: Primeiro Fin de Semana despois de Corpus, Tallo.
Festa do Sacramento:Celébrase en varias parroquias do Concello: -13 de Agosto na parroquia de Nemeño. -15 e 16 de Agosto na parroquia de Cores. -16 e 17 de Agosto en Anllóns.
-Primeiro Domingo de Agosto en Brantuas.
-Primeiro Domingo de Outubro na parroquia de Cospindo. Último fin de semana de -Xullo na parroquia de Tella.
Festa dos Remedios: Celébrase o 24 de Setembro na parroquia de Corme-Porto.
Natividade de María: Celébrase o 8 de Setembro na parroquia de Pazos.
San Brais: Celébrase o 3 de Febreiro na parroquia de Tallo.
San Martiño: Celébrase na parroquia de Cores o 11 de Novembro.
San Salvador: Celébrase o 1 de Xaneiro na parroquia de Pazos.
E por último temos outros eventos como son:
Motofesta
Motoristas de toda a península, achéganse ata a esta xuntanza Invernal en Ponteceso, que organiza o Motoclube Costa da Morte. O Campo da Feira da Trabe ponse ata os topoes de motoristas.
Festival con de Balarés: Festival musical que se celebra na Praia de "Balarés" en xuño.
Feira-Exposición-Paseo do Cabalo Ponteceso:Celébrase o 20 de Xullo na localidade de Ponteceso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario