Ola a todos e todas.
Chámome Paula, e son a profesora de Proxecto Interdisciplinar no grupo de 1ºB de ESO no IES Ponteceso.
Desde aquí quero darvos a benvida ó Blog de 1ºB, e espero que disfrutedes co traballo dos rapaces e rapazas do grupo.
Este blog foi creado para que os alumnos e alumnas poidan publicar os traballos de aula e expresar as súas opinións sobre os temas tratados desde un punto de vista crítico e obxectivo.
O primeiro tema que imos tratar está relacionado coa violencia de xénero. O que fixemos foi buscar noticias nos periódicos que tratasen este tema, lémolas e resumímolas na aula e fixemos un pequeno debate sobre as posibles causas que xeneran este tipo de violencia.
O seguinte paso foi a eleboración de noticias e artigos de opinión por parte dos alumnos e alumnas.
Espero que ó longo da próxima semana poidamos ter introducido as noticias no blog, e así dar comezo a esta andadura novidosa, tanto para min, como para os rapaces.
Que o disfrutedes.
Un saúdo.
domingo, 26 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)